RUTA DO LOR
Eran as 8:00 da maña do 22 de Marzo de 2015 cando 18 persoas pertencentes a Paso Miúdo nos dispoñiamos a coller un autobús que nos levaría a percorrer o traxecto que separa Ferreira do Courel; concretamente o pobo de Seoane onde se iniciaría o percorrido da Ruta do Lor, desde ese punto ata Folgoso. Dunha distancia de 12Km. aproximadamente.
Partimos dunha nubrada Mariña Lucense, e tras unhas horas de bus nas que nos fomos adentrando no interior da provincia lucense, fixemos una escala no acolledor pobo do Cebreiro. Baixamos do bus e entramos no bar?, restaurante?, tasca?,…,???; que tiñamos máis preto e alí nos atenderon amablemente..bueno….atendéronnos. Posteriormente voltamos o bus para definitivamente chegar a Seoane.
En Seoane xa nos encontramos con un día máis soleado que nos acompañaría durante toda a nosa estancia no Courel. Desde ese punto iniciamos a ruta que mos levaría polos montes do Courel. Esta ruta moi fermosa (desde o meu punto de vista) transcorrería coa presenza de especies autóctonas de vexetación: castaños centenarios, carballos, encinas, algún madroño…., e como non podería faltar en Galicia 5 eucaliptos.
En canto á fauna da zona está caracterizada por especies como o jabalí, corzos, osos,….
Cando xa levabamos una parte importante do percorrido, fixemos una pausa para repoñer forzas. O lugar, un pobo no que daba a impresión que era un dos moitos que por desgraza quedan abandonados no rural galego.
A partir dese momento xa iríamos completando o percorrido que nos levaría ata o pobo de Folgoso, onde estaba situado o fin da ruta. Alí nos esperaba o autobús que nos levaría ata o pobo de Seoane onde tería lugar o xantar.
Rematado o xantar dispuxémonos a volver á Mariña, ó chegar confirmouse que na Mariña seguía nubrado.
Se houbera que poñer un calificativo a ruta, a miña opinión persoal sería que foi una ruta TOP.
Luis Gil Mallon
martes, 24 de marzo de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)